A << OBSESIÓN>> DA ÉPICA
1

2

A exposición previa deixa entrever unha das principais «obsesións» literarias de Lope de Vega: acadar recoñecemento como poeta culto, por medio da redacción de poesía épica, nas súas diferentes vertentes.
O escritor entende que o cultivo do xénero máis prestixioso desde a antigüidade podía axudarlle a diluír un pouco o seu perfil de poeta popular, aclamado só polo vulgo. Con esta idea, redacta un total de cinco poemas épicos, que van sinalando distintas etapas na súa traxectoria:
- La Dragontea (1598), centrada nas andanzas e o final do pirata Drake.
- O Isidro (1599), poema relixioso escrito en quintillas.
- La hermosura de Angélica (1602), un extenso poema configurado por vinte cantos compostos en oitavas reais, no que Lope vai debullando a narración das aventuras de Angélica e Medoro.
- A Jesusalén conquistada (1609), que conta a intervención española durante a Cruzada, é un poema escrito na senda do Tasso.
- La Gatomaquia (1634), derradeiro intento no xénero, que se adentra no terreo da épica burlesca, con notables achegas barrocas, dentro e fóra de España.