Política de privacidade e protección de datos
Finalidade, titularidade e acceso
https://xoc.usc.gal/ é un sitio web dedicado a albergar, difundir en acceso aberto e preservar documentos derivados da actividade institucional, científica e docente dos membros da comunidade universitaria. É titularidade das Universidades da Coruña (UDC), Santiago de Compostela (USC) e Vigo (UVigo). Os seus contidos están protexidos polos dereitos de propiedade intelectual (artigo 12 da Lei de Propiedade Intelectual).
A persoa usuaria deste sitio web poderá efectuar os actos que sexan necesarios para o acceso ao contido da base de datos e a súa normal utilización.
Non se permite en ningún caso a utilización comercial do seu contido.
O acceso e uso do sitio web implica que a persoa usuaria acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir por completo os termos e condicións detallados no presente aviso legal.
O acceso ao sitio web é gratuíto. A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado, conforme á lei, dos contidos e servizos.
Cando unha persoa usuaria incumpra as advertencias legais e condicións de uso que aquí se especifican, o equipo responsable resérvase o dereito a emprender as accións legais oportunas en defensa dos seus dereitos.
Outros dereitos
Os dereitos de propiedade intelectual referentes aos contidos do sitio web, o soporte lóxico subxacente (incluído o código fonte), o deseño gráfico, así como os distintos elementos que integran o sitio web (signos distintivos, contidos e imaxes), corresponden ás tres universidades (UDC, USC e UVigo) quedando prohibida a súa reprodución parcial ou total sen consentimento do seu lexítimo titular.
Exclusión de responsabilidade
Tanto o acceso a este sitio web como o uso que poida facerse da información contida nela é responsabilidade exclusiva da persoa usuaria.
O titular non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo, que puidese producirse no equipo da persoa usuaria como consecuencia directa ou indirecta do acceso a este sitio web.
Así mesmo, UDC, USC e UVigo quedan eximidas de calquera responsabilidade derivada do mal funcionamento do sitio web que teña a súa orixe nunha circunstancia accidental, forza maior, traballos necesarios de mantemento ou calquera outra causa, así como de eventuais erros e inexactitudes que puidese conter o sitio web.
Política de privacidade e protección de datos
Bases de lexitimación
A base de lexitimación primordial do tratamento que fai o sitio web basease no consentimento dado polas persoas interesadas (6.1.a RXPD). En paralelo, lexitímase na misión realizada en interese público (6.1.e RXPD e art. 2 LOSU) da prestación do servizo de difusión e divulgación de contidos formativos da educación superior.
Finalidades do tratamento
As finalidades de tratamento dos datos persoais pola USC son proporcionar o acceso á aplicación web e permitir o avance nos contidos dispostos.
Orixe dos datos, uso e conservación
A orixe dos datos persoais está nas propias persoas interesadas, obtidos a través do formulario de alta. Para isto, a manifestación de vontade do consentimento será libre, específica, informada e inequívoca.
Igualmente, poderanse empregar os datos con fins estatísticos ou para a xestión de incidencias para fins de investigación.
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o período en que se realice a finalidade para a que foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais. Cumprida a finalidade, os datos bloquearanse hasta que transcorran os prazos de prescrición aplicables.
Dereitos
As persoas interesadas teñen os dereitos de transparencia na información, acceso aos seus datos persoais, rectificación dos datos inexactos, supresión dos mesmos cando sexa posible, limitación do tratamento, portabilidade, oposición, dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado que lle afecte significativamente, e o dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
Estes dereitos poderán exercerse ante o responsable de tratamento, previa identificación do solicitante a través da Sede Electrónica da USC.
A USC facilitará o seu exercicio mediante formulario electrónico en:
https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm
Ademais, as persoas interesadas tamén posúen os dereitos que dan acceso a vías administrativas e xudiciais de garantía, contemplados no ordenamento xurídico con esa finalidade.
Seguridade
A USC, desde unha posición de proactividade, adopta todas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir o tratamento de datos e a intimidade e privacidade das persoas. Asume, así, un total compromiso coa garantía dos dereitos fundamentais, que inclúe unha protección de datos desde o deseño e por defecto.
Deste xeito, entre estas medidas de seguridade, e de acordo co artigo 32 do Regulamento europeo, estarán a seudonimización e cifraxe de datos persoais baixo o protocolo https; o cifraxe das claves de acceso; a capacidade de garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanente dos sistemas e servizos de tratamento; a capacidade de restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais de forma rápida en caso de incidente; e un proceso de verificación, avaliación e valoración regulares da eficacia das medidas técnicas e organizativas.
Estas medidas responden ás obrigas legalmente establecidas, estando en función do estado da técnica, os custes de aplicación, e a natureza, contexto e fins de tratamento. Do mesmo xeito, hai que ter en conta os específicos riscos de gravidade e probabilidade que supón cada tipo de tratamento para os dereitos e liberdades das persoas.
As violación de seguridade dos datos persoais comunicaranse á autoridade de control e ás persoas interesadas con base no artigo 34 do Regulamento europeo.
A USC pon a disposición un canal de comunicación de incidencias en materia de protección de datos en:
https://www3.usc.es/uscincidencias/
O órgano responsable dos tratamentos de datos é a Universidade de Santiago de Compostela con domicilio social na Praza do Obradoiro s/n, 15782, Santiago de Compostela, correo electrónico: protecciondatos@usc.gal. Tamén pode poñerse en contacto co Delegado de Protección de Datos da USC a través do enderezo electrónico: dpd@usc.es
As persoas interesadas poden exercer ante o responsable os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da Sede Electrónica da USC https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm. Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar as reclamacións que consideren oportunas.
A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar na web:
http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html
Para calquera consulta en materia de protección de datos e política de privacidade poderá dirixirse ao seguinte enderezo electrónico:
protecciondatos@usc.galPOLÍTICA DE COOKIES
Información xeral
Unha cookie é un ficheiro que se descarga e almacena no computador do usuario no acceso a un sitio web. As cookies permiten almacenar e recompilar información sobre os hábitos de navegación da persoa usuaria ou do seu equipo e poden utilizarse para recoñecelo e mellorar o servizo ofrecido.
O sitio web emprega cookies que teñen unha función esencial para mellorar a experiencia da persoa usuaria. Estas cookies:
- Facilitan a navegación: Lembrando as preferencias seleccionadas (como o idioma ou a configuración da páxina) para non configuralas cada vez que se accede ao sitio.
- Optimización do rendemento: Permiten que o sitio funcione de maneira máis rápida e eficiente, xa que gardan datos temporais que axilizan a carga das páxinas.
- Personalización sen invasión: Melloran a experiencia personalizada, sen recoller información persoal nin rastrexar a persoa usuaria. O seu único propósito é facilitar o uso e a funcionalidade do sitio.
Tipos de cookies
O sitio web https://xoc.usc.gal/ emprega cookies propias, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies ou de rendemento. O obxectivo é optimizar a navegación da persoa usuaria, adaptando a información e os servizos ofrecidos ao seu perfil.
Cookies propias
O sitio web emprega cookies propias de funcionalidade, para recoñecer a persoa usuaria cando volve acceder ao sitio web, que permiten ofrecer funcións personalizadas, tales como indicar o nome da persoa usuaria. Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os movementos noutros sitios web.
O sitio emprega cookies de seguimento do usuario. Utilízanse para saber a actividade que se realiza no reproductor de vídeo (Paella Player) e mellorar o seu comportamento no futuro.
Modificar a configuración das cookies
É posible restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no equipo da persoa usuaria mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu computador.
A configuración do navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies do sitio web XoC, pode impedir a navegación correcta polo sitio web e a dita navegación poderá non gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.